O proxecto
INFOPATAGAL nace como unha ferramenta dixital para facilitar o acceso, a organización e a difusión de información relacionada coas pragas e enfermidades que afectan ao cultivo da pataca.
A plataforma pretende reunir nun único espazo información técnica e divulgativa que contribúa a mellorar o coñecemente dos problemas fitosanitarios asociados a este cultivo.
Obxetivos
Informar
Facilitar o acceso á información sobre as principais pragas e enfermidades.
Divulgar
Compartir información sobre prevención, diagnóstico e métodos de control.
Identificar
Axudar ao recoñecemento dos principais síntomas e afeccións do cultivo.
Compartir coñecemento
Dar visibilidade a investigacións, proxectos, recomendacións e novidades relacionadas co cultivo da pataca.
A quen se dirixe?
INFOPATAGAL está dirixida principalmente a agricultores, técnicos, profesionais e entidades vinculadas ao sector da pataca, así como a calquera persona interesada no coñecemento das pragas e enfermidades asociadas a este cultivo.